Ir ao contido

Arnois · A Estrada

O seu coche,
en boas mans

Taller multimarca de mecánica, carrozaría e pintura, con equipos de diagnose actuais. Da revisión rápida á avaría que ninguén atopa. E se non ten tempo, imos polo coche e pasámoslle a ITV.

De luns a xoves de 8:00 a 17:00 e os venres de 8:00 a 13:00.

4,7 en Google · 65 opinións

Fachada do taller APF Motor en Arnois, co rótulo e a nave aberta

Mecánica · Electricidade · Chapa · Pintura · Pneumáticos

Todas as marcas

Turismos e comerciais, gasolina e diésel.

Traballo garantido

Servizos e recambios baixo a normativa vixente.

Pasámoslle a ITV

Recollida, inspección e entrega. Sen colas.

Recollida a domicilio

Imos polo coche e devolvémosllo.

Dous mecánicos conectando un equipo de diagnose ao motor dun coche

O taller

Oficio e equipos
ao día

Moitos anos de experiencia no sector e formación continua nas tecnoloxías que montan os coches novos. Iso permítenos entrar en calquera reparación: da máis simple á que leva tempo dando guerra.

Elevadores, analizadores de gases, liña pre-ITV e equipos de diagnose para calquera sistema do vehículo. E cabina para carrozaría e pintura.

  • Turismos e vehículos comerciais
  • Gasolina e diésel, todas as marcas
  • Mecánica, electricidade, electrónica e transmisión
  • Carrozaría, pintura e lúas
Coñecer o taller

Pedir cita

Unha chamada e listo

É o máis rápido. Dinos que lle pasa ao coche e cando lle vén ben, e confirmámoslle o oco. Se o prefire, escríbanos por WhatsApp.

Prefire deixalo por escrito con todos os detalles? Entón envíenos unha petición por correo.

Onde estamos

Arnois,
A Estrada

En Balboa, canda a N-525, a estrada de Santiago a Ourense, á altura de Arnois. A dez minutos da Estrada e de Ponte Ulla.

Mapa da zona de Balboa, 41 · Arnois, A Estrada, coa localización do taller sinalada

Balboa, 41 · Arnois
36584 A Estrada (Pontevedra)

Ao abrilo cárgase Google Maps, que pode instalar as súas propias cookies.

Vista previa © colaboradores de OpenStreetMap

Como chegar

Horario

De luns a xoves
08:00 – 17:00
Venres
08:00 – 13:00
Sábado e domingo
Pechado
Chamar ao taller WhatsApp